Escritura de venda do Campo das Salinas, en Coruxo, feita por Silvestre López e a súa dona a favor de Tomás Cicerón, ante o notario Tomás Romero Carrera.
Escritura de venda outorgada por Pablo Vázquez e Pedro Vázquez a favor de Francisco González, veciño de Vigo do lugar da Longra, sito en Coruxo, composto por tres casas térreas e unha antecasa.
Foro presentado polo procurador Jacinto do Pazo en favor de Marcos Antonio Álvarez de Araujo, ante o xuíz de Bouza, Pedro Antonio Ponce de León. Inclúe autos de 1724 e 1715, de Pablo Mauro de Leza. O foro afecta a varias fincas de Coruxo e Coia.
Instrumentos outorgados por Gregorio Saavedra e Damian Pérez en favor de Tomás Cicerón por todo o Cocho da Longra, que se pagaba por foro a Carlos Bon, que o comprou Tomás Cicerón.