Almanaque de peto para o ano 1902 da papelería `El Sol` de Santiago. En cada mes do ano o santoral, as fases da lúa e espazo para anotacións.
Relación das partidas de bens inmobles asignadas para Herminia García de la Riba, con cinco cupos con diferentes partidas. Inclúe un borrador de 4 follas numeradas do 1 ao 4
Invitación nominal a Herminia, como viúda de Blanco-Cicerón, para que colabore económicamente coas Escolas Nocturnas de Obreiras do Sindicato Católico de Santiago.
Candelaria e Casilda Bargiela felicitan á dona de Ricardo Blanco-Cicerón polo seu santo, e comunican o novo destino de Juan Vidal en Barcelona.
Candelaria e Casilda Bargiela felicitan á dona de Ricardo Blanco-Cicerón polo seu santo, e Casilda recoñece botar moito de menos Galicia.
Carta de José Bargiela e Ana Núñez a Herminia García sobre temas domésticos.
Ver nivel superior
Carta do avogado M. Varo Ariza a Tomás Blanco-Cicerón, sobre a devolución dunha documentación e informando da posesión dunha copia do testamento da nai de Tomás, Herminia García de la Riva.
Comunicación do rexistro fiscal do imposto dunha casa na rúa Montero Río a nome de Herminia González (nome confundido, García por González), vda D. Ricardo Blanco.
Testamento de Herminia García Blanco, ante o notario de Santiago Jesús Fernández Suárez. Deixa herdeiros aos seus fillos e ao seu marido Ricardo Blanco Cicerón, tamén nomeado albacea xunto con Osmundo de la Riva Blenco, irmán da testadora.
García de la Riva Blanco, Herminia, 1854-1930
Documentación de Herminia García de Olalla de la Riva Blanco, esposa de Ricardo Blanco Cicerón. Era orixinaria de Ortigosa de Cameros (A Rioxa), nada nunha familia adicada á industria textil. Un dos seus irmáns era Simeón García de la Riva, fundador da Banca Simeón na que traballou Ricardo Blanco Cicerón
Bula a favor de Ricardo Blanco-Cicerón, Herminia García Blanco, Mercedes Blanco García e María Blanco García para poder comer carne durante a Cuaresma.
Rexistro oficial da defunción de Ricardo José Tomás Blanco García, fillo de Ricardo e Herminia, falecido cun mes de vida na casa familiar de Tui, na rúa Alfolies. Inclúe nota manuscrita dirixida ao encargado do cemiterio, para que proceda a darlle sepultura
Listado dos bens inmobles, mobles e rendas de Maria Blanco Navarrete, adxudicados ao seu fillo Santiago. Inclúe distribución de capitais entre, Herminia García de la Riva, filla en primeiras nupcias; os fillos en segundas nupcias: Osmundo de la Riva e Domingo de la Riva, ademais do segundo marido, Jorge de la Riva.
Invitación nominal de Ana María Castroviejo para as vodas de ouro dos seus avós, Ricardo Blanco-Cicerón e Herminia García de la Riva.
Invitación nominal para as vodas de ouro de Ricardo e Herminia, con data de 1926. Na traseira anotación manuscrita con data de 1928.