Catálogo da editorial Estrella para o ano 1919
O remitente, editor e libreiro, escribe ao marqués de Bendaña sobre o envío do `Traité de Mineralogie` de René Just Haüy
Castelao escribe a Victoriano García Martí sobre o moito que lle costa por mor da súa labor como médico, ter tempo para facer a capa do libro que lle prometera
O remitente comenta a Blanco-Cicerón os detalles duns libros de luxo en venda que son do seu interese
Felipe Sassone agardece a Victoriano García Martí o envío das súas obras `La vida no es sueño` e `Tres narraciones gallegas`
O remitente comenta os avances no asunto do herdeiro de Manuel Sánchez de Arteaga, e suxire algunha alternativa para solventar a parte da herdanza referente aos libros, que adoitan ser moitos máis e descoñecer o seu valor
O remitente comunica un novo retraso na resolución do asunto do herdeiro de Manuel Sánchez de Arteaga, provocado polo retraso duns papeis que agarda de Madrid. Ao tempo comenta as súas impresións sobre a herdanza, xa que pese a non ser un experto, non lle pareceu que houbera pezas de grande interese
Gregorio Marañón felicita a Victoriano García Martí pola publicación do seu libro `La voluntad y el destino`, e eloxiando o seu traballo intelectual
O remitente, galego como o propio escritor, agradece a Victoriano García Martí o envío da súa obra `Galicia, la esquina verde` a través dunha amizade común
Jacinto Benavente felicita a Victoriano García Martí pola publicación do seu libro `La vida no es sueño`, que xa lera dúas veces
Jacinto Benavente felicita a Victoriano García Martí pola publicación do seu libro, pola data probablemente `La tragedia del caballero de Santiago`
Ver nivel superior
Luciano Fernández envía unhas observacións a un libro sobre economía agraria que está a publicar Amando Castroviejo, a petición súa.
O remitente, xefe da Biblioteca Universitaria de Santiago, comenta a D. Ricardo o envío duns pregos de Simancas e Lugo para proceder a súa certificación
Román ofrece a Blanco-Cicerón dúas obras: `Ordenanzas Reales de Castilla` (1526) e `Las Partidas de Alfonso X` (1587) dando todo tipo de detalles sobre cada unha delas e do seu estado de conservación
Ver nivel superior
Pascual Galindo Romero escribe a Amando Castroviejo para comentar a recaudación de cartos para a Biblioteca do Arcebispo e pedirlle que entregue unhas cartas a dúas persoas, Bustamante e Filgueira, que foi alumno de Castroviejo.
Ver nivel superior
O Ministro de Traballo e previsión pregunta a Amando Castroviejo se está disposto a unha colaboración na `Enciclopaedia of the Social Sciences`. Asina `Perico`.
Ver nivel superior
R. Espejo de Hinojosa informa a Amando Castroviejo sobre a nova edición do seu libro `Manual de economía política`, con novidades, por se o quere recomendar aos seus alumnos.
O remitente comenta que está a punto de publicar dous traballos, un sobre o Beato de Bande e outro sobre a ourivaría galega. Engade que os xenros de Villa-amil están regalando os libros editados por el, e ofrece a Blanco-Cicerón conseguir os que lle pida
A remitente comenta a Blanco-Cicerón acerca duns libros do Quixote, uns mobles que lle envía e uns cadros que lle ofrece por 2000 reais
Ver nivel superior
Un antigo alumno [R. Rivera?] de Amando Castroviejo escríbelle sobre uns libros que este lle encargara na súa viaxe a Italia. Adxunta a factura da librería en Roma.