Vista detalle dun altar de inspiración gótica con remates de pináculos. Presenta tres rúas, na central, a Asunción da Virxe entre nubes e anxos; nas laterais, con escenas da vida de María.
O remitente, escultor compostelán, informa a Ricardo sobre unhas estatuas romanas moi interesantes. Ademais lle conta como van os seus exercicios na Escola de Belas Artes.
O remitente, escultor compostelán, comenta con Ricardo aspectos do novo proxecto de altar para a igrexa de Santa María de Pontevedra, e dice incluir un bocexo doutro similar para a Catedral de Calahorra
Subscrición para as obras do altar da capela da Confraría do Rosario de Santiago. Catro documentos: 1) carta do escultor Maximino Magariños pedindo información para participar no concurso para levar a cabo a obra; 2) carta da Confraría aos confrades pedindo colaboración económica, 3) listado impreso dos benefactores á obra e 4) borrador manuscrito do listado.
O remitente saúda ao seu amigo e informa sobre uns acibeches
O remitente, escultor compostelán, comenta con Ricardo Blanco-Cicerón unha figura de acibeche pendente de entrega, indicando remita unha carta ao Sr. De la Riva.
O remitente, escultor compostelán, comenta sobre un marfil vexetal extraído da Phytelephas macrocarpa, unha especie de palmeira, moi similar ao de elefante.