Foto Guitián, Fotógrafo (Santiago de Compostela) Guitián Seijo, José
Placa de pedra de forma rectangular que tallada en altorrelevo con policromía que representa unha Anunciación
O remitente avisa a Blanco-Cicerón da venda dunha caixa gótica que lle pode interesar para a súa colección e da que adxunta fotografía
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista xeral dunha ábsida gótica. Construción poligonal con cinco estilizadas e apuntadas arcadas entre contrafortes, que están tapiadas, e decoración de tacos baixo o tellado. En primeiro termino, hai un muro de peche con porta de acceso de madeira.
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Vista detalle dunha talla da Virxe co Neno. A figura feminina, está inclinada, en actitude de mirar ao neno que leva no seu brazo esquerdo; viste veo ondeado enmarcando o rostro, longo manto con pregamentos, porta coroa e leva unha flor na súa man dereita. O Neno, de cabelos rizados pegados, leva na súa man esquerda a bola do mundo
Ínsua López, José Manuel, 1877-1919, Fotógrafo . (Viveiro )
Vista xeral do lateral e fachada unha igrexa. Construción de planta rectangular, tellado a dúas augas e portada con dúas torres. No lateral, contrafortes e porta con arco de medio punto. Na fachada, portada con arquivoltas lixeiramente apuntadas, rosetón baixo un frontón triangular e dúas torres, unha maciza con reloxos e a outra con arcos de medio punto. Ao pés da porta principal, dous homes e tres nenas/os
O cartón leva unha orla de motivos ondulantes e escudo de España superado por cortina
Vista xeral do interior dunha igrexa; piso alto da nave central con ventás con catro arcos apuntados e bóvedas de crucería. Parte da tubaxe do órgano, e ao fondo o rosetón iluminado polos raios do sol.
Prieto Guerra, José, Fotógrafo . (Noia )
Vista detalle dunha porta con arquivoltas lixeiramente apuntadas, o tímpano decorado coas imaxes da Virxe con Neno, San Xosé e un prelado con mitra.
Santiago peregrino, escultura da Torre do Reloxo da Catedral de Santiago
Avrillon Bofil, José, 1874-1922, Fotógrafo . (A Coruña)
Vista xeral da fachada da igrexa de Santa María de Cambre. Seis canzorros sobre a portada de dúas arquivoltas, a pequena remata en columnas xeminadas e a maior, ornada con figuras zoomórficas excepto a central que é humana, termina en columnas simples. No tímpano, un año co cruz e anxos aos lados. Rosetón co círculo central orlado por festón de arcos de ferradura, arredor ábrense oito máis, en forma radial econ ornamentación xeométrica. Ventás laterais de arcos polilobulados, dous contrafortes co dúas columnas adosadas e con follas de acanto. Á dereita, unha torrecilla cilíndrica contén a escaleira de caracol que sube ata a espadaña de dobre arco.