Estampa coa imaxe do Pai entre nubes, e dúyas mozas en barcas, separadas pola cruz, pero unidad por un rosario que suxeitan entre as mans; aos pés, unha dedicatoria manuscrita. No reverso, oración impresa.
Estampa troquelada do Sacro Corazón de María, coa imaxen dun gravado da Virxe co Neno no colo co corazón en rodeado dunha coroa de espiñas e atravesado por espadas. Texto na mandorla inferior, e a dereita unha pregaria.
Estampa coa imaxe dun anxo protexendo coas súas ás a un neno de seonllos entre unhas flores. O reverso en branco.
O remitente comenta que hai acordo para mercar as estampas do seu interese en Padrón, e di que hai outro vendedor dunha xoia de 1750
O remitente comenta que en Padrón hai unha persoa que ten unhas estampas antigas que poden interesarlle
Estampa en branco e negro da Virxe María co Neno durmindo no colo, mirando unha cruz.
Virxe María co Neno no colo e cunha vara de lirios na outra man. Texto impreso baixo a imaxen en branco e negro e nun medallón rematado cun lazo. Adornos dourados no borde e nas esquinas.
Estampa da Virxe María, sentada con túnica dourada con flores de lis, co Neno de pé no colo, nunha orla coa cartela en branco
Estampa da Virxe María, imaxe nun recadro, uns lirios e adornos dourados. Textos de R. P. Corne e Henri Suso, coas letras capitais en vermello e orladas. No reverso, textos relixiosos.
Estampa de Nosa Señora do Sacro Corazón, coa imaxen da Virxe co Neno no colo e o corazón rodeado da coroa de espiñas e atravesado por espadas. Texto inferior.
Estampa tridimensional de San Xosé.
Estampa Inmaculado Corazón de María, coa Virxe de pé con túnica rosa, manto azul e corazón en chamas rodeado de rosas, unha nena de xeonllos e as dúas rodeadas de flores. Texto na parte inferior e adornos dourados na parte superior.
Estampa-marcapáxinas de San Xosé.
Son catorce estampas con imaxes de diversos santos, santas e virxes. No reverso publicidade impresa da Fábrica de chocolates y mantecadas H. Granell y Martínez de Astorga.
Estampa con imaxe da Virxe do Rosarío con Neno nos brazos, e Santo Domingo de Guzmán. No reverso publicidade impresa da fábrica de tecidos de seda e ornamentos de igrexa.
Estampa da Virxe e San Xosé co Neno Xesús sentados no chan e rodeados de tres anxos, un deles con flores. Texto na parte inferior.
Estampa da Virxe María, sentada co Neno no colo, nunha paisaxe con flores e casas ao fondo. Texto na parte inferior.
Estampa troquelada da Virxe de Lourdes na cova cos seus atributos. Texto na parte inferior. No reverso indica que é un recordo da coroación da Virxe de Lourdes, aínda que teña o lema `Yo soy la Inmaculada Concepción`.
Estampa da Virxe María, de pé, cunha nena, rodeadas de lirios. Texto na parte inferior. No reverso, texto de R. P. Von Doss.
Estampa da Virxe Dolorosa que se venera en Terra Santa. Texto na mandorla inferior. No reverso, información do fin das esmolas recollidas para a obra pía dos franciscanos que custodian os santos lugares.