Nuevo López, Juan, Fotógrafo . (Monforte )
Vista frontal da base do crucifixo anterior con relicario. Sobre base sostida por catro anxos, as reliquias a da dereita de San Tiburcio Mártir, a central San Gelasio Mártir e a da esquerda, ilexible. No nivel superior, nunha fornela, unha pequenha talla dunha figura masculina, sedente, envolta en túnicas e cun libro na man esquerda- A ambos lados, ornatos.
O remitente ofrece a Blanco-Cicerón un crucifixo de marfil ca.1700 traído de Filipinas
Recordatorio-relicario de San Tarsicio. Imaxen dunha eucaristía cun texto na parte inferior. Adornos en relevo e dourado.
Nuevo López, Juan, Fotógrafo . (Monforte )
Vista frontal do relicario de prata e ágatas, enmarcado nunha decoración de figuras xeométricas, volutas e anxos. Enriba da reliquia, unha pequeha inscrición `ANNAMRIAMTER`. Arte italiana de principios de século XVII
Nuevo López, Juan, Fotógrafo . (Monforte )
Vista frontal dun relicario de madeira. Retablo dun so corpo con tres fornelas con arco de medio punto, e columnas con capiteis compostos, e remate de frontón triangular con táboa pintada e dous. Na fornela central, figura da Piedade, segundo modelo de Miguel Ángel. As fornelas laterais están baleiras
Nuevo López, Juan, Fotógrafo . (Monforte )
Vista frontal dun retablo-relicario de ébano e prata. Na fornela central, Virxe co Neno no colo, deteriorada, con perda de ambas mans. No moble, de estilo neoclásico, hai 26 compartimentos para outras tantas reliquias, entre elas da Magdalena e de Sta. Isabel