A remitente, priora do Convento das Dominicas de Santiago de Compostela, informa a Blanco-Cicerón que hai un interesado en mercar unha pintura de San Francisco, propiedade do Convento, que ten D. Ricardo na súa casa, e solicita ademáis discreción e que lle asesore na venda
Imaxe de Nosa Señora do Portal do Convento de Belvís
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Vista xeral dun retablo de madeira pintado dividido en tres corpos e ático; nos corpos, varios cortexos de figuras en disposición lineal (cabaleiros, nobres, relixiosos). No ático, imaxe de Deus entronizado. Delimitando os tres corpos, hai unha lenda en galego
A Orde Terceira dos Dominicos de Santiago se suma ás celebracións da Virxe do Rosario.
Tarxeta de visita da Priora das Dominicas de Belvís a Ricardo Blanco-Cicerón sobre un libro que lle prestaron, unha herdanza dunha monxa con data de agosto de 1916, e un tema dunhas obras.
Tarxeta de visita de Matilde Taboada, Priora das Dominicas de Santiago, a Ricardo Blanco-Cicerón para enviarlle uns documentos que evitarían ter que pedir outros a Benavente sobre certos bens.
Tarxeta de visita de Matilde Taboada, Priora das Dominicas de Santiago, a Ricardo Blanco-Cicerón sobre uns correos pendentes de recibir e enviar con Benavente e A Coruña.
Tarxeta de visita da priora e da comunidade desexando felices Pascuas e próspero Aninovo.
Tarxeta de visita da Priora das Dominicas de Belvís, Matilde Taboada, para felicitar o santo a Ricardo Blanco-Cicerón e remitirlle uns escapularios e uns mazapáns como agasallo
Tarxeta de visita da Priora das Dominicas de Belvís a Ricardo Blanco-Cicerón cunha botella de auga bendita da Virxe do Portal como agasallo para unha enferma na casa, que pode ser unha das súas fillas, ou Concha (falecida no ano 1920) ou Mercedes (falecida no ano 1924)
Tarxeta de visita da Priora das Dominicas de Belvís a Ricardo Blanco-Cicerón para asesorarse sobre unhas vigas das obras do convento.
Tarxeta de visita da Priora das Dominicas de Belvís a Ricardo Blanco-Cicerón para que supervise unhas obras na torre do convento e no muro de peche da horta.
Tarxeta de visita de Sor Socorro Blanco, Priora das Dominicas de Belvís, felicita a Ricardo Blanco-Cicerón no seu santo.
Tarxeta de visita da Priora das Dominicas de Belvís a Ricardo Blanco-Cicerón para que supervise unhas obras na torre do convento para que non as engane o mestre de obras.
Tarxeta de visita da Priora das Dominicas de Belvís a Ricardo Blanco-Cicerón para agradecer as latas de bo aceite para a lámpara do sagrario do convento para o ano.
Tarxeta de visita da Priora das Dominicas de Belvís a Ricardo Blanco-Cicerón para que lles faga unha visita e así poder falar das contas do convento.
Tarxeta de visita da Priora das Dominicas de Belvís a Ricardo Blanco-Cicerón para que lle devolva o libro de contas do convento, xa que ten que presentalo ás súas superioras.
Tarxeta de visita da Priora das Dominicas de Belvís a Ricardo Blanco-Cicerón para que lles deixe un revólver que lles regalara el e que ten na súa casa, porque lles entraron na horta do convento.
Tarxeta de visita de Matilde Taboada, Priora das Dominicas de Santiago, a Ricardo Blanco-Cicerón sobre uns documentos solicitados a Benavente, polos que piden anticipadamente 5000 pesetas prometidas pola Madre Dominica falecida que desde Santiago non se queren pagar por entender que non corresponde. Confía en que entre Manuel Losada e o administrador poida solucionarse o asunto.