Avrillon Bofil, José, 1874-1922, Fotógrafo . (A Coruña )
Vista de dous capiteis da igrexa de Santa María de Cambre. En primeiro plano unha loita de animais no centro mentres outros situados nos laterais, lles atacan mordendo as súas colas. O que está en segundo plano presenta motivos vexetais clásicos. Ambos están rematados por un ábaco de círculos enlazados.
Avrillon Bofil, José, 1874-1922, Fotógrafo . (A Coruña )
Vista de dous capiteis da igrexa de Santa María de Cambre. En primeiro plano unha loita de animais de costas entre eles pero xiran as cabezas, compartindo língua e rabo; entre eles, tanto no centro da cesta como nos vértices, atópanse figuras antropomorfas núas. O que está en segundo plano presenta motivos vexetais clásicos. En terceiro plano pódese ler parte dunha inscrición: CHAEL PEI FECIT.
Avrillon Bofil, José, 1874-1922, Fotógrafo . (A Coruña )
Vista da hidria da igrexa de Santa María de Cambre. Peza de pedra caliza, na copa se distinguen dúas zonas separadas por unha liña: das curvas dunha liña ondulante curvas nacen zarcillos dos que a súa vez brotan pequenas flores. Na zona superior, grandes rosáceas separadas por intervalos regulares e xunto ao borde de cada flor se alternan oquedades grandes e pequeñas festoneando os lóbulos. Está colocada sobre un pilar cun relevo policromado dunha figura humana, probablemente, a Virxe co Neno no colo. Á dereita pódese ver o inferior dunha ventá
Avrillon Bofil, José, 1874-1922, Fotógrafo . (A Coruña)
Vista xeral da fachada da igrexa de Santa María de Cambre. Seis canzorros sobre a portada de dúas arquivoltas, a pequena remata en columnas xeminadas e a maior, ornada con figuras zoomórficas excepto a central que é humana, termina en columnas simples. No tímpano, un año co cruz e anxos aos lados. Rosetón co círculo central orlado por festón de arcos de ferradura, arredor ábrense oito máis, en forma radial econ ornamentación xeométrica. Ventás laterais de arcos polilobulados, dous contrafortes co dúas columnas adosadas e con follas de acanto. Á dereita, unha torrecilla cilíndrica contén a escaleira de caracol que sube ata a espadaña de dobre arco.
Avrillon Bofil, José, 1874-1922, Fotógrafo . (A Coruña )
Vista da nave central da igrexa de Santa María de Cambre. Na fornela central do altar neoclásico, imaxe da Virxe María coroada e co dous anxos, á esquerda Santiago peregrino, á dereita San Antonio de Padua. Púlpitos a ambos lados. Capiteis ornados co follas de acanto. No salmer dun arco pódese leer MICHAEL ME FE
Avrillon Bofil, José, 1874-1922, Fotógrafo . (A Coruña )
Vista da nave lateral e a xirola da igrexa de Santa María de Cambre. Nas columnas da nave, nos arcos de medio punto, capiteis ornados uns con figuras antropomorfas e outros co follas de acanto. No salmer dun arco pódese leer PETRI FECIT. Na dereita, un confesionario de madeira. Na xirola pódese ver a entrada dunha capela absidal con arco oxival
Avrillon Bofil, José, 1874-1922, Fotógrafo . (A Coruña)
Vista da portada sur da igrexa de Santa María de Cambre. Restauración de 1908, data do tímpano. Arquivolta exterior en damero con perda das columnas orixinais. Dous capiteis representan dúas cabezas humanas fornte a fronte