Cartel publicitario da 11ª Mostra agropecuaria celebrada en Silleda.
Cartel publicitario da 1ª Mostra agropecuaria de Silleda. Debuxo de B. Saavedra Pita
Retrato dun home a cabalo. Leva o pelo moi curto e bigote e viste con sombreiro, un pano branco anoado no pescozo, blusón e pantalón longo. Nunha man leva unha vara. Detrás, unha edificación
Retrato dunha parella labrega diante dunha leira de cereal, cun boi ao seu carón. O home, de pelo moi curto e bigote, viste boina, camisa branca, chaleco aberto, pantalón longo e zocos; entre as mans, suxeita un caxato ou o mango dalgunha ferramenta. A muller, vestida toda de negro, leva pano da cabeza, camisa, mantón, saia, mandil e zocas; entre as mans, a corda pola que leva a un boi de raza rubia, pequeno e escuálido. Detrás do home, vese un burro.