Cartel publicitario da 11ª Mostra agropecuaria celebrada en Silleda.
Escena doméstica dun home asando carne na pedra da lareira. O home está sentado nunha cadeira de madeira dando voltas á carne que leva un espeto inserido, apoiado no trasfogueiro situado a carón da parede. Á dereita, a leñeira coa porta aberta, feita de obra e recuberta con azulexo branco; a carón da leñeira, a cociña de ferro. O home vai vestido con boina, camisa, chaleco, pantalón longo e botas.
Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
Reprodución fotográfica dun cromo de `Estampas de Galicia` coa vista dunha lareira co lume aceso. A carón da lareira, sentada nun banco de costas ao espectador, hai unha muller cun vestido escuro con lunares brancos e pano da cabeza de cor negra. Pendurados do teito, varios alimentos postos a secar e afumar. Na repisa da cambota, varias botellas e utensilios domésticos.
José González Barba, no nome de José Alonso de Sal pide que se lle reintegren 1840 libras de bacallau de Noruega que considera duplicadas por José Lourao e José Galego por opinar que as testemuñas do xuízo non son son válidas polas razóns que detalla, quedando así invalidada a proba máis importante.
Contas do establecemento `Cooperativa Compostelana` de Emilio Pombo y Lage por produtos de alimentación para o Nadal. A primeira corresponde a agasallos para os obreiros da Casa da Senra.