Cartel do espectáculo da nova música folque celebrado en Lalín
Grupo nunha romaría entre os que destaca Dolores Gómez Lago, coñecida como `A Cega de Miranda` ou `de Peredo` tocando o violín. Vai vestida con pano da cabeza, anoado na parte superior, camisa, saia, mandil e botas. Ao seu carón, un home con boina, chaqueta e pantón longo, tocando á pandeireta. Xunto a el, outro home, tamén con chaqueta e pantalón longo e con chapeu, cun pito nunha man e un garrafón recuberto de vimbio na outra. Ao redor, varias persoas, homes, mulleres e nenos, sentados e deitados no chan. Ao fondo, paisaxe dun amplo val.