As Marías, As dúas Marías, As dúas en punto ou as Irmás Fandiño Ricart, paseando collidas do brazo polo paseo central da Alameda de Santiago. Coralia, á esquerda, leva un vestido de manga curta cun colo branco; vai agarrada do brazo da súa irma Maruxa, á dereita cun vestido escuro e un sobretodo claro. Ao fondo varios transeúntes e unha fonte.
As Marías, As dúas Marías, As dúas en punto ou as Irmás Fandiño Ricart, paseando collidas do brazo por unha rúa de Santiago. Coralia, á esquerda, leva un abrigo de cor vermella, sandalias brancas e un paraugas azul pendurado do brazo. Vai agarrada do brazo da súa irma Maruxa, á dereita vestida de azul clara con vestido, abrigo e mantón e un pano floreado na cabeza.