Vista da carrilana, carruaxe de viaxeiros tirada por cabalos, desde a parte posterior con dous homes subidos aos peldaños. No teito, a equipaxe tapada cunha lona. Ao fondo, máis carruaxes e as árbores dos Xardíns de Méndez Núñez
Tarifas das viaxes da empresa `La Increíble` entre A Garda e Vigo
Vista dun autobús a vapor da liña Santiago-A Coruña da empresa Autobuses Gallegos, provisto de berlina destinada a viaxeiros de primeira clase. No pescante van sentados o maquinista e o fogueiro, encargados do motor a vapor con cheminea situado no extremo dianteiro. Na parte superior vai a equipaxe cuberta por unha lona. Á esquerda, un home vestido con gorra de prato, chaleco, chaqueta e pantón longo.
Libreta de gastos de viaxes sen utilizar. Servía para levar a conta tanto dos billetes en tren, autobús, vapor, etc., como das propinas e a lavandería.
Entrada da Alameda de Santiago coa Carrilana, carruaxe tirada por cabalos destinada ao transporte de viaxeiros. No pescante van sentados dous conductores, metres outro home está subindo por el. No teito da carrilana, a equipaxe e 4 viaxeiros sentados. Diante da carrilana, dúas mulleres levando un rancho, vestidas coa indumentaria popular: unha leva pano da cabeza, mantón sobre a camisa, vasquiña e mantelo; a outra, pano da cabeza, mantón, vasquiña e mandil.