Segond, Eliseo, 1831-d.1892?, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato dunha muller de corpo enteiro, vestida cun traxe claro de dúas pezas ao estilo romántico, co brazo esquerdo apoiado nunha cadeira co respaldo tallado.
Segond, Eliseo, 1831-d.1892?, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida ao estilo romántico cun traxe escuro de corpo axustado e unha gran saia de moito voo. Vai peiteada cun recollido baixo á altura da caluga. Sobre o corpo do vestido destacan en cor branca un colo de camisa, un cinto e un broche a altura do peito. Nos puños leva un adorno bordado. Leva a súa man dereita apoiada nunha cadeira isabelina de respaldo ao aire tallado con decoración vexetal.
Segond, Eliseo, 1831-d.1892?, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato de corpo enteiro dun neno de pelo curto e rizo, vestido cun traxe claro de chaqueta e pantalón de pernas moi amplas. Leva botas altas negras e gravata de lazo. Na súa man dereita sostén un sombreiro de copa semiesférica; a man esquerda vai apoiada no respaldo tallado dunha cadeira; sobre o asento da mesma, dúas pequenas figuras. Detrás da cadeira, unha cortina