Rexistros atopados: 1 Total de páxinas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

Mas Castañeda, Pelai, 1891-1954, Fotógrafo . (Barcelona )
1919
11 fotografía(s). Positivo en branco e negro 175 x 236 mm., e inferiores.

En: RBC/Foto-04 - [Pelai Mas-ourivaría]

Fotografía de conxunto dos obxectos de ouro cos números do 27 ao 34 e fotografías de detalle dos fragmentos de torques da Valiña e das arracadas de Masma. Na fotografía xeral inclúense as seguintes pezas: Nº 27. Fragmento de torque da Valiña II: parte central dunha vareta de sección circular maciza, que presenta unha pequena decoración formando unha espiña de peixe que rodea 1,6 cm no centro da barra. Nº 28. Fragmento de torque da Valiña I: parte central dunha vareta maciza de sección romboidal. Decorada polas súas caras externas por dúas bandas de filigrana de dous fíos entrelazados, formando oitos, onde se colocan esferiñas enchendo os ocos interiores. Nº 29. Arracada de Masma I: de forma penanular. A parte proximal leva dous pivotes irregulares, contrapostos e soldados. O interior é oco. Só se conserva un anaco da lámina que cubriría as dúas caras principais, decorada con liñas concéntricas aos bordos. Nº 30. Arracada de Masma II: de forma penanular. A parte proximal con pivotes de sección circular soldados. Interior oco. Lámina decorada con liñas concéntricas ós bordos nas dúas caras principais. Decoración no dorso interior con zigzags de gránulos e no exterior triángulos Nº 31 e 32. Láminas caladas de Masma I e II: de forma rectangular, realizadas sobre unha lámina finísima e decorada cuns diminutos calados cuadrangulares a xeito de celosía. Nº 33. Arame de ouro de procedencia descoñecida: feito cun fío de sección circular, enrolado en espiral de case tres voltas e atravesado por outro fragmento en horizontal Nº 34. Cravo ou remate de torque, de procedencia descoñecida: fragmento de barra maciza de sección romboidal con remate ou cabeza de forma cadrada.

RBC/Foto-04//16
Página: 1/1