Acordo entre os herdeiros de Joaquín Acuña Soage para asignar un valor á casa da rúa Policarpo Sanz.
Acta notarial a requeremento de Joaquín Acuña Soage polas molestias causadas por un taller metalúrxico próximo á casa de A Seara, no Peniche, tanto pola emisión de gases como por ruídos e desperfectos.
Autorización da raíña rexente María Cristina a Joaquín Acuña Soage para desenvolver o cargo de Cónsul de Paraguai en Vigo.
Benito Sanjurjo escribe a Joaquín Acuña Soage sobre as condicións do testamento dunha persoa no que está interesado e acerca da venda duns terreos en Bouzas que son do seu interese.
Cándida Chao escribe a Joaquín Acuña Soage para manifestarlle os seus mellores desexos tras venderlle a finca de José María Chao, seu pai.
Carta por duplicado de Darío Acuña Núñez a Fernando Barreras para comunicarlle que tralo pasamento de Joaquín Acuña Soage, a propiedade herdada polos fillos `Villa Santa Rita` e que el ten alugada, pasa a ser xestionada por Darío no nome de todos. Pide que devolva unha das copias asinadas máis non o está ningunha.
Carta de Joaquín Acuña Soage a Antonio Parada. Só o encabezamento.
Joaquín Acuña Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage para lle dar a nova do nacemento do seu fillo Darío Sergio.
Joaquín Acuña Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage coa nova do pasamento do seu pai, Juan Acuña. Menciona que a muller que o coidou atendeuno moi ben e que ten dúas nenas, que se da a entender que son fillas de Juan Acuña.
Joaquín Acuña Soage escribe ao seu tío Joaquín Soage sobre os bens da familia paterna en Cangas, e a disposición que fixo deles por indicación do tío. Sinala que deixou o usufructo dunha casa e un ferrado para as fillas de Juan Acuña coa dona que o coidou.
José [ilexible], do Ministerio de Relaciones Exteriores de Paraguai, comunica a Joaquín Acuña Soage o seu nomeamento como cónsul de Paraguai en Vigo en sustitución de Antonio Conde Domínguez.
Manuel Tejero escribe a Joaquín Acuña Soage, que pasa unha tempada en Madrid, sobre as receitas e gastos da farmacia. Adxunta unha carta de Darío Acuña para seus pais, e a folla de gastos e ingresos detallada da farmacia.
Trinidad Rosell de Castro escribe a Joaquín Acuña Soage pedindo que lle informe se un coñecido seu chegou nun barco de Cuba.
Veiga y Valenzuela, Fotógrafos (Vigo)
Vista xeral dunha casa cos dúas fachadas na rúa Policarpo Sanz de Vigo. Presenta dous andares de sillería con miradoiros, galerías e un remate cupulado. Destaca polo profusa decoración de frontóns curvos e triangulares, sillería almofadada, balaustradas, volutas e canzorros.
Vista xeral dunha casa indiana de dous andares no medio dun val.
Vista detalle da fachada dunha casa indiana de dous andares con remate de baulastrada e acceso por escaleira central. En primeiro plano, retrato grupal, onde destacan entre outros, o matrimonio Joaquín Acuña Soage e María Núñez Pené, os dous sedentes
Vista xeral dun peche perimetral de forxa con decoración de xarróns que da acceso a unha casa indiana de dous andares con remate de baulastrada. En primeiro plano, tres nenos con pucho e distintos útiles de traballo.
Certificación académica de Joaquín Acuña Soage de ter superados os exames para obter o título de licenciado en Farmacia na Universidade de Santiago.
Correspondencia de Joaquín Acuña Soage
Croquis del `Campo e Novás o Lousau` situado en la parroquia de Coiro, municipio de Cangas, asinado polo perito F. Barreiro. Marca os límites do terreo coas propiedades do Marqués de Santa Cruz de Rivadulla, de Francisco Fernández Costas e uns viñedos de varios propietarios, coas servidumbres rego, río... sinalados.