Acordo entre os herdeiros de Joaquín Acuña Soage para asignar un valor á casa da rúa Policarpo Sanz.
Escritura de compravenda e promesa de venda dunha herdanza de María Núñez Pené entre os seus herdeiros (Purificación, José, Joaquín e Darío Acuña Núñez) e Ramiro Pérez Sotelo, en concreto un solar nas rúas Marqués de Valladares e Velázquez Moreno.
Escritura de partición dos bens de María Núñez Pené entre os seus herdeiros: Joaquín Acuña Soage, Purificación, José, Joaquín e Darío Acuña Núñez. Inclúe o recibo do pago dos dereitos reais.
Inventario dos bens que se recollen no testamento de Joaquín Acuña Soage e liquidación dos dereitos reais por parte dos seus herdeiros (viúva, fillos e herdeiros do seu irmán José Acuña Soage).
Recibo de Joaquín Acuña Núñez emitido pola súa irmá Purificación da herdanza de Joaquín Acuña Soage, segundo o convido.
Recibo do pago do imposto de dereitos reais e transmisión de bens por Joaquín Acuña Núñez pola herdanza da súa avoa, Isabel Pena Martínez.
Reparto dos bens de Joaquín Acuña Soage entre os seus fillos. Trátase principalmente da casa da rúa Policarpo Sanz.