Registros encontrados: 4 Total Páginas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 42 x 65 mm

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato de catro homes nunha feira que levan diante un panel cun avión pintado sobrevoando o mar e detrás un pano de fondo cun templo. O home da esquerda leva unha pipa na boca e viste camisa, xersei e chaqueta. O segundo sostén o volante do avión e leva un abrigo cun brazalete negro na manga en sinal de loito. O terceiro leva sombreiro, camisa, gravata e chaqueta e ten un pito na boca. O último leva boina, camisa e chaqueta.

RRA/Foto-19//33
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.97 - Manuel Beiras García
03.06.98.02 - Fotografías de indumentaria e outras

Beiras García, Manuel, 1904-1996
1925 / 1936
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 179 x 237 mm.

En: 03.06.98.02 - Fotografías de indumentaria e outras

Vista do Penedo do Apóstolo no Santiaguiño do Monte, presidido pola imaxe en pedra do Apóstolo Santiago predicando e unha cruz. Diante da imaxe de Santiago hai un cura, Manuel Capón Fernández, coengo da Catedral de Santiago. Subidos polos penedos, varios mozos e homes e na parte inferior un numeroso grupo e asistentes escoitando ao sacerdote.

MBG/Foto-30//07
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

1959-09-08 / 1960-09-09
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 296 x 400 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Grupo nunha romaría entre os que destaca Dolores Gómez Lago, coñecida como `A Cega de Miranda` ou `de Peredo` tocando o violín. Vai vestida con pano da cabeza, anoado na parte superior, camisa, saia, mandil e botas. Ao seu carón, un home con boina, chaqueta e pantón longo, tocando á pandeireta. Xunto a el, outro home, tamén con chaqueta e pantalón longo e con chapeu, cun pito nunha man e un garrafón recuberto de vimbio na outra. Ao redor, varias persoas, homes, mulleres e nenos, sentados e deitados no chan. Ao fondo, paisaxe dun amplo val.

CFX/Foto-26//22
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

1975, ca.
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 297 x 396 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Procesión por unha rúa de Cambados, con varias persoas con candeas. Á dereita da imaxe, varios homes portan unhas andas coa imaxe de San Bieito con billetes prendidos na túnica da figura.

CFX/Foto-26//26
Página: 1/1