Carrero Goyanes, Ernesto, 1854-1919, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Retrato de grupo na terraza do Pazo de Raxoi, distribuídos en dúas filas. Na fila dianteira, sete homes sentados, entre eles o bispo García Barros; detrás na segunda fila, once homes de pé. Flanqueando ao grupo a ambos lados, dous funcionarios do Concello e os dous maceros, con traxe de cerimonia. No lado esquerdo, un home cun tambor.
Carrero Goyanes, Ernesto, 1854-1919, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
En formato vertical, retrato infantil, de corpo enteiro, sedente e frontal. A nena leva vestido claro con volantes nos ombreiros, bastas e puntilla no baixo, amais de zapatos e calcetíns negros. Está sentada sobre unha cadeira escura con decoración de flocos. Fondo de arquitectura pintada.
Carrero Goyanes, Ernesto, 1854-1919, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
En formato vertical, retrato de home de busto e frontal. Leva chaqué con camisa branca e cabelos engomados.
Carrero Goyanes, Ernesto, 1854-1919, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
En formato vertical, retrato de home de busto e frontal. Leva traxe claro con camisa branca e gravata escura, cos cabelos engomados e un estilizado bigote.
Carrero Goyanes, Ernesto, 1854-1919, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Escultura sobre peaña cuadrangular. Figura sedente de home barbado con manto sobre os ombros, con neno espido nos brazos.