Guyard Hermanos, Fotógrafos Guiard Burgalat, François Guiard Burgalat, Joseph
Retrato de dúas nenas, de pé a ambos lados dunha cadeira onde está sentado un neno de menor idade. As nenas van vestidas cunhas saias claras e unhas chaquetas escuras, sobre as que destacan uns colos brancos. O neno leva unha chaqueta e un pantalón escuros adornados con borlas.
Guyard Hermanos, Fotógrafos Guiard Burgalat, François Guiard Burgalat, Joseph
Retrato dunha nai con dous fillos. A nai, vestida ao estilo romántico, está sentada nunha cadeira. Leva o pelo recollido na parte posterior da cabeza. Viste unha chambra escura con raias branca e colo camiseiro, abotoada por diante e unha saia branca de moito voo. Ao seu carón, recostado sobre a súa perna, está o neno máis pequeno, vestido cun mandilón branco; a nai pousa a súa man sobre o ombreiro do neno. A esquerda está o neno máis grande, vestido con camisa branca, chaqueta clara e pantalón máis escuro, calzado con botas e polainas. Entre as man sostén un caderno aberto. Detrás, unha parede panelada
Guyard Hermanos, Fotógrafos Guiard Burgalat, François Guiard Burgalat, Joseph
Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida cun traxe escuro e peiteada co pelo dividido en dúas metades e recollido en dúas trenzas na parte posterior. Leva pendentes de maza. No corpo viste unha chaqueta escura, con adornos de agremán bordado nos puños; sobre o peito, un pano de seda adamascada anoado no peito sen cruzar. Leva un mantelo de moito voo cun ancho rodo de veludo e dúas tiras de agremán bordado todo ao redor; da tira superior caen uns perendengues a xeito de borlas con flocos. Nunha man sostén unha flor e a outra vai apoiada nunha cadeira isabelina con respaldo ao aire. Detrás, unha parede panelada.