Registros encontrados: 10 Total Páginas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

J. Palmeiro é hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
1857 / 1875 1857
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 91 x 55 mm. sobre cartón de 95 x 62 mm.

En: 03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

Retrato dun profesor universitario de corpo enteiro, co pelo curto, bigote e perilla. Vai vestido cun traxe escuro sobre o que loce a toga con muceta de cor máis clara. No lado dereito vese parte dunha mesa de catro patas torneadas como columnas salomónicas con traveseiros tallados; enriba da mesa, varios libro e sobre eles o birrete. O home leva, na súa man dereita, un libro que apoia sobre a mesa. Detrás, un pano de fondo cun zócalo decorativo pintado.

FSC/Foto-18//47
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.01 - Documentos persoais
01.07.01.05 - Fotografías

J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
1865 / 1870
2 fotografía(s) carte-de-visite. Positivo en branco e negro 94 x 55 mm. sobre cartón de 106 x 61 mm.

En: 01.07.01.05 - Fotografías

Vista detalle dun retrato masculino de 3/4. A figura está de perfil, con chaqueta pechada con solapas e pano no pescozo a modo de gravata. Leva os cabelos peiteados cara atrás e barba con bigote.

RBC/Foto-17//001
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.07 - Ricardo Blanco-Cicerón
01.07.01 - Documentos persoais
01.07.01.05 - Fotografías

J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
1873-08-02
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 94 x 55 mm. sobre cartón de 106 x 61 mm.

En: 01.07.01.05 - Fotografías

Vista detalle dun retrato masculino de 3/4. A figura está de perfil, con chaqueta pechada con solapas e pano no pescozo a modo de gravata. Leva os cabelos peiteados cara atrás, amais de barba e bigote.

RBC/Foto-17//014
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
1857 / 1875 1857
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 91 x 56 mm. sobre cartón de 111 x 60 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato dun sacerdote de corpo enteiro, co pelo moi curto e imberbe. Viste sotana e capa e sobre o peito unha muceta branca, correspondente á licenciatura en Teoloxía. No lado esquerdo hai un velador de pé torneado e mesa redonda no que descansa un libro e sobre el o barrete. O cura sostén na man un libro pechado que apoia no velador. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe apenas visible e no lado esquerdo unha cortina.

FLL/Foto-19//07
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
1857 / 1875 1857
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 91 x 55 mm. sobre cartón de 105 x 62 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha nena con melena de longos bucles suxeitos cun lazo na parte alta da cabeza. Leva un vestido curto de cor branca, con medias de mesma cor e botas negras altas. A súa man dereita vai apoiada nun velador de pé torneado que na parte superior leva un espello oval. Detrás dos pés da nena apréciase a base dun repousacabezas que se pode ver tamén no reflexo do espello, suxeitando a cabeza da nena na parte posterior. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe.

RRA/Foto-18//22
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
1857 / 1875 1857
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 91 x 55 mm. sobre cartón de 105 x 62 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha nena con melena de longos bucles. Leva un vestido curto de cor branca con adornos e reberetes dunha cor máis escura; leva medias brancas e botas negras altas. A súa man dereita vai apoiada nun velador de pé torneado que na parte superior leva un espello oval. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe.

RRA/Foto-18//23
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.28 - Richard Rivera Armero
01.28.01 - Miscelánea
01.28.01.06 - Fotografías

J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
1857 / 1875 1857
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 91 x 55 mm. sobre cartón de 105 x 62 mm.

En: 01.28.01.06 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha nena de pelo curto suxeito cunha diadema cun lazo. Leva un vestido curto de cor branca, medias da mesma cor e botas negras altas. Entre as mans suxeita unha boneca. Á esquerda hai un velador de pé torneado que na parte superior leva un espello oval. Detrás, un pano de fondo cunha paisaxe dun río.

RRA/Foto-18//24
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
1857 / 1875 1857
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 89 x 55 mm. sobre cartón de 92 x 62 mm.

En: 03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

Busto en 3/4 á esquerda dun home de pelo curto rizado, con barba e bigote. Leva camisa branca cunha estreita gravata de lazo e chaleco e chaqueta escuros.

FSC/Foto-18//46
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
1857 / 1875 1857
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 91 x 55 mm. sobre cartón de 95 x 62 mm.

En: 03.06.04 - Familia Santos Castroviejo

Busto de perfil á esquerda dun home de pelo curto, bigote e perilla. Vai vestido con traxe de chaqueta escuro e con camisa branca e gravata

FSC/Foto-18//48
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

J. Palmeiro e Hijos, Fotógrafos (Santiago de Compostela) Palmeiro, Juan
1857 / 1875 1857
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 91 x 54 mm. sobre cartón de 102 x 55 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Busto masculino en 3/4 á esquerda dun home de pelo curto peiteado para atrás con barba e bigote. Viste camisa branca cunha esteita gravata de lazo e unha chaqueta escura.

FLL/Foto-19//08
Página: 1/1