Ksado, 1888-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela)
Procesión do Padroado do Apóstolo Santiago na Praza das Praterías. Encabezan a procesión catro sacerdotes con capas pluviais portando unhas andas cor vitrina de estilo plateresco, que leva no seu interior a imaxe de Santiago Peregrino. Ao redor, varios coengos vestidos de branco e con barretes. Detrás, un arcebispo mitrado, rodeado doutras autoridades eclesiásticas. Xa na escalinata, varios homes portando candeas. Ao redor, o público asistente.
Ksado, 1888-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela)
Vista do público asistente a un evento, sentados nunha grada curva de madeira, posiblemente dunha praza de touros portátil. A maioría dos asistente son homes, aínda que hai algunha muller e incluso algún neno. Poden estar asistindo a unha tourada ou ben algún outro evento coma un festival de coros.