Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
Vista do estudio da Unión Radio Galicia co elenco da peza cómica de teatro `Vaites, vaites`. Á esquerda, Antonio Fraguas Fraguas e á dereita Xosé Mosquera Perez, o `Vello dos contos`; en medio Conchita Frade e Elena e Dolores Sanluis. Diante, hai unha mesa con flores que sostén o micrófono da Unión Radio S.A. Colgado da parede, o logotipo da radio sobre un papel pintado. Na parte superior, un debuxo coa vista do casco vello de Santiago desde a Alameda.
Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
Retrato de corpo enteiro de José Mosquera Pérez, caracterizado como `O vello dos contos` con pucho, camisa, chaleco, calzón curto, medias de la e zocos; apóiase nun caxato e leva un papel de tabaco nos beizos. Ao fondo, unha cortina de damasco.
Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
Retrato das persoas compoñentes da agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago, no escenario do Teatro Principal despois dunha actuación. Levan o vestiario do coro, os homes con camisas brancas e chalecos e as mulleres con pano da cabeza, mantóns e dengues; practicamente todas leva un fuso e unha roca na man, simulando fiar. No centro está José Mosquera Pérez, caracterizado como `O vello dos contos` con pucho, camisa, chaleco e calzón curto. Ao fondo, unha tea pintada cuns muros de pedra e un palleiro. Diante, o foso da orquestra, coas cadeiras e os atrís, e un piano.