Rexistros atopados: 2 Total de páxinas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

1955
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 239 x 297 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Grupo de mariñeiros, a maior parte deles rapaces, recollendo as redes do xeito que están postas a secar tendidas no chan nun campo de herba, formando ringleiras. Cada un deles recolle un pano de rede cargándoo sobre o ombreiro. En segundo plano, unha muller fai o mesmo traballo, cargando tamén as redes. Ao fondo, unha casa, dous hórreos de pedra e varias construcións máis.

CFX/Foto-26//12
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

1955
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 237 x 297 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Vista dunha lancha xeiteira fondeada nun peirao. Dentro da lancha hai tres mariñeiros novos sacando a rede do xeito; sobre a cuberta, do lado de babor, están colocados os boureis de cortiza da rede. Detrás, outra lancha xeiteira fondeada. En primeiro termo, a esquerda, hai un mozo de costas volvendo a cara ao espectador; viste camisa e pantalón longo de cor clara, pucha e zocos.

CFX/Foto-26//11
Página: 1/1