Registros encontrados: 3 Total Páginas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

Ferrer Sans, Pedro, 1870-1939, Fotógrafo . (A Coruña)
1900 / 1910
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 403 x 300 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Vista xeral da principal praza da vila de Betanzos, chamada Praza do Campo e actualmente Praza dos Irmáns García Naveira. A praza está ateigada de xente, nun día de mercado. En primeiro plano vense burros e cabalos, con mantas e albardas. No centro, un grupo de rapaces miran ao espectador.

CFX/Foto-26//14
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

Ferrer Sans, Pedro, 1870-1939, Fotógrafo . (A Coruña)
1900 / 1910
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 405 x 299 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Retrato dun grupo de persoas que forman unha agrupación folclórica, composta por tres parellas de bailadores e dous músicos: gaita e caixa. As mulleres e os músicos están detrás de pé e os tres bailadores sentados no chan. As mulleres van coa cabeza descuberta, co pelo partido en dúas metades e recollido na parte posterior; na parte alta da cabeza levan un lacito de veludo. Visten camisas brancas e sobre elas os dengues adornados con colares de doas esféricas, suxeitos ao tecido e aos agremáns do dengue; só unha delas leva sapo ou aderezo. As tres levan mantelos negros. A da dereita leva na cintura unha faixa bordada; a do medio unha flor de tea, e a da esquerda unha cinta cunha lazada. As tres portan castañolas nas mans. Os tres bailadores viste monteiras baixas, chaquetas sobre camisas brancas, calzóns curtos, cirolas e polainas. Os músicos visten como os bailadores, aínda que o gaiteiro, Manuel Manso, leva unha pluma na monteira. Ao seu carón está seu fillo Francisco Manso, coñecido como Cafú, tocando a caixa; leva chaleco e por riba a coñecida chaqueta con remontas negras que sempre levaba nas súas actuacións.

CFX/Foto-26//15
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.09 - Victoriano García-Martí
01.09.01 - Documentos persoais
01.09.01.03 - Fotografías

Ferrer Sans, Pedro, 1870-1939, Fotógrafo . (A Coruña)
1917, ca
1 postal fotográfica (s). Positivo en branco e negro 138 x 83 mm.

En: 01.09.01.03 - Fotografías

Retrato de Rosalía de Castro

VGM/Caixa636-09//13
Página: 1/1