Rexistros atopados: 4 Total de páxinas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

Ferrer Sans, Pedro, 1870-1939, Fotógrafo . (A Coruña)
1900 / 1910
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 405 x 299 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Retrato dun grupo de persoas que forman unha agrupación folclórica, composta por tres parellas de bailadores e dous músicos: gaita e caixa. As mulleres e os músicos están detrás de pé e os tres bailadores sentados no chan. As mulleres van coa cabeza descuberta, co pelo partido en dúas metades e recollido na parte posterior; na parte alta da cabeza levan un lacito de veludo. Visten camisas brancas e sobre elas os dengues adornados con colares de doas esféricas, suxeitos ao tecido e aos agremáns do dengue; só unha delas leva sapo ou aderezo. As tres levan mantelos negros. A da dereita leva na cintura unha faixa bordada; a do medio unha flor de tea, e a da esquerda unha cinta cunha lazada. As tres portan castañolas nas mans. Os tres bailadores viste monteiras baixas, chaquetas sobre camisas brancas, calzóns curtos, cirolas e polainas. Os músicos visten como os bailadores, aínda que o gaiteiro, Manuel Manso, leva unha pluma na monteira. Ao seu carón está seu fillo Francisco Manso, coñecido como Cafú, tocando a caixa; leva chaleco e por riba a coñecida chaqueta con remontas negras que sempre levaba nas súas actuacións.

CFX/Foto-26//15
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

Pasarín, 1922-, Fotógrafo (Buceta Gómez, Francisco)
1960, ca.
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 303 x 400 mm.

En: 03.06.01 - Colección xeral

Retrato dun grupo de homes na eira dunha casa, cuns palleiros de herba seca á dereita. Entre o grupo, hai catro homes vestidos de gaiteiros, con monteiras, chalecos, faixas, calzóns curtos, cirolas e polainas, compoñentes do grupo Os Campaneiros e que son, de esquerda á dereita: Ramón Valiñas Oubiña tocando a gaita, Celestino Carballa Villar co tamboril, José Carballa Villar, sen monteira nin instrumento e José Valiñas Oubiña, tamén coa gaita. Entre estes dous, hai outro home, vestido á moda da época, cun bombo. Diante hai un home de maior idade sentado nunha cadeira, vestido con chaqueta e punto e pantalón longo, pero cunha monteira posta; entre as mans, sostén un tronco dunha árbore, cunha boina na parte superior, como si fose unha gaita.

CFX/Foto-26//21
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
1933-06-18
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 270 x 153 mm., sobre cartón de 276 x 159 mm

En: 03.06.01 - Colección xeral

Retrato de corpo enteiro de José Mosquera Pérez, caracterizado como `O vello dos contos` con pucho, camisa, chaleco, calzón curto, medias de la e zocos; apóiase nun caxato e leva un papel de tabaco nos beizos. Ao fondo, unha cortina de damasco.

CFX/Foto-30//26
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
03 - COLECCIÓNS DE DOCUMENTOS TEXTUAIS E GRÁFICOS
03.06 - Colección Fotográfica
03.06.01 - Colección xeral

Ksado, 1887-1972, Fotógrafo (Casado Fernández, Luís) . (Santiago de Compostela )
1933 / 1936
1 fotografía(s) Positivo en branco e negro 178 x 236 mm., sobre cartón de 266 x 330 mm

En: 03.06.01 - Colección xeral

Retrato das persoas compoñentes da agrupación Cantigas e Agarimos de Santiago, no escenario do Teatro Principal despois dunha actuación. Levan o vestiario do coro, os homes con camisas brancas e chalecos e as mulleres con pano da cabeza, mantóns e dengues; practicamente todas leva un fuso e unha roca na man, simulando fiar. No centro está José Mosquera Pérez, caracterizado como `O vello dos contos` con pucho, camisa, chaleco e calzón curto. Ao fondo, unha tea pintada cuns muros de pedra e un palleiro. Diante, o foso da orquestra, coas cadeiras e os atrís, e un piano.

CFX/Foto-26//05
Página: 1/1