Zagala Pérez, Francisco, 1842-1908, Fotógrafo . (Pontevedra)
Retrato de busto de mozo co pelo curto, peiteado con raia lateral, e bigote. Viste chaqueta, chaleco, camisa e gravata.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Retrato dunha rapaza e un rapaz, posiblemente irmáns, xunto a un moble con espello de estilo neogótico. A rapaza vista de cor clara, cun vestido floreado, e con botas negras; leva o seu brazo dereito apoiado no moble. Ao seu carón esta seu irmán, con traxe de chaqueta, chaleco e gravata de lazo branca; leva a súa man dereita metida na abertura do chaleco. Detrás, un pano de fondo con elementos arquitectónicos.
Zagala Pérez, Francisco, 1842-1908, Fotógrafo . (Pontevedra)
Retrato de máis de medio corpo dun home co pelo curto, peiteado con raia ao medio, e con bigote e barba. Viste toga xudicial con puños de encaixe brancos. Leva pendurada do pescozo a medalla de xuíz e no lado esquerdo do peito unha grande insignia co escudo do poder xudicial da que saen raios.
Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
Retrato de busto dunha muller co pelo peiteado para atrás, cun tupé na parte alta de fronte. Vai vestida de escuro cun corpo dun traxe adornado con agremán bordado nas lapelas e no colo, debuxando rombos.
Zagala Pérez, Francisco, 1842-1908, Fotógrafo . (Pontevedra)
Retrato de busto dun home co pelo curto, peiteado con raia ao medio, e con bigote e barba. Viste chaqueta e camisa con colo duro.