Orde de pago por parte do Concello de Tui para o arquitecto Alejandro Sesmero, que fixo as reformas do cárcere.
Certificado do Secretario do Concello de Tui sobre os contidos do libro copiador da súa Secretaría, en concreto nas comunicacións que aparecen nos folios 120 e 121.
Solicitude de Manuela Abundancia Parcero para recoller unha cantidade de diñeiro do seu irmán gardada no Concello de Tui. No mesmo documento faise un inventario do mesmo, con cantidades e tipos de moeda.
O Interventor da Administración Depositaria de Rendas do partido de Tui certifica unha débeda de consumos contraída polo concello de dita cidade.
Inscricións de bens rendidos na Beneficencia de Tui. É un borrador.
Comunicación entre administracións sobre o pago dunha fianza.
Informe dos profesores doutores Antonio R. Bustillo e Juan Areses sobre a análise da toxicidade dun frasco de viño por parte do alcalde de Tui, determinando que non pode consumirse por conter sustancias venenosas.
Acta de votación para a mesa electoral, coa votación do Presidente e os catro Secretarios escrutadores.
Ordenación de pago por parte da Comisión Provincial de Pontevedra de dous expedientes de expropiación de terreos ordeados polo alcalde de Tui en 1877, polas obras do ferrocarril de Ourense a Vigo por Gondomar.
Comunicación da Alcaldía ao Vicepresidente da Comisión Provincial de Pontevedra sobre a expropiación dunha parcela da carretera de Gondomar.