Borrador dun regulamento, organizado en capítulos para recoller as diferentes regras e estrutura dunha orde de cabaleiros.
Apunte sobre o xuramento e o diploma de cabaleiro.
Cerimonial que debe observarse na recepción de escudeiros dos cabaleiros andantes da orde.
Modelo do diploma acreditativo da consideración de cabaleiro da orde. Leva o escudo da orde e signaturas non identificativas.
Dúas liñas que din textualmente `yo Marcelino Corazón de Pantera prometo a Dios y a vos el gran Maestre`.
Petición de admisión do `Cabaleiro do brazo de ferro` a Hugo I, Gran Mestre e Xefe Supremo da Orde. Inclúe a resposta e visto bo na marxe esquerda.