Pol Sánchez-Villamarín, Rafael, Fotógrafo
Vista parcial do peirao do Berbés, coa casa dos `Efectos Navales` á esquerda e unha construción de madeira coa lenda `Armadores` á dereita. En primeiro plano, á dereita, uns bancos corridos con patelas baleiras amoreadas e varias mulleres sentadas.
Pol Sánchez-Villamarín, Rafael, Fotógrafo
Varias embarcacións a vapor atracadas no peirao do Berbés
Pol Sánchez-Villamarín, Rafael, Fotógrafo
Mulleres sentadas nun banco corrido esperando a chegada da pesca. Detrás, á esquerda, unha construción de madeira coa lenda `Armadores`. Ao fondo, a cidade de Vigo
Pol Sánchez-Villamarín, Rafael, Fotógrafo
Mariñeiros montando palangres en cestas apoiadas sobre gamelas varadas na praia boca abaixo. Ao fondo, casas da rúa de San Francisco e o campanario da Igrexa de San Francisco