García Vizcaíno, Carlos, 1828-1874, Fotógrafo
Retrato dun home novo, co pelo moi curto e rostro imberbe. Vai vestido de escuro con camisa, chaleco, pantalón longo e unha levita. Na súa man esquerda leva un libro, mentres a dereita vai apoiada no respaldo tallado dunha cadeira; no asento da mesma, unha chistera. Detrás, un pano de fondo que debuxa un xardín con arquitecturas
Alonso Montenegro, Gervasio, 1812-1888, Fotógrafo
Retrato dun home de corpo enteiro, de pelo curto, bigote e longas patillas. Vai vestido con traxe de levita composto de camisa branca con gravata de lazo, chaleco de cor clara, levita e pantalón longo escuros. Leva unha chistera na súa man dereita, mentres que a esquerda vai apoiada nunha barandilla.