García Vizcaíno, Carlos, 1828-1874, Fotógrafo
Retrato dunha moza de corpo enteiro, co pelo recollido na parte posterior da cabeza. Vai vestida ao estilo romántico cun traxe escuro algo curto, que deixa ver as botas ata os nocellos. Na man esquerda leva un carné de baile. Á dereita, vese parte dunha cadeira co respaldo tallado e detrás, un pano de fondo debuxando un xardín con arquitecturas.
García Vizcaíno, Carlos, 1828-1874, Fotógrafo
Retrato de dúas mulleres de corpo enteiro, ambas vestidas ao estilo romántico: á da esquerda cun traxe escuro e a da dereita cunha chaqueta escura e unha saia clara de raias. No medio unha cadeira co respaldo tallado que leva no asento un album de fotografías. Detrás, un pano de fondo debuxando un xardín con arquitecturas.