Busto masculino de perfil á dereita, inscrito nun óvalo en relevo. Leva o pelo curto e ondulado, poboado bigote e unha longa barba que se estende máis alá da liña da barbela, dividíndose pola metade en dous segmentos ao estilo `french fork` ou forquita francesa. Viste chaqueta escura de lapelas e camisa branca, cunha gravata de lazo.
Massaguer i Vidal, Joaquim, 1816-1888, Fotógrafo . (Girona)
Busto feminino en 3/4 á esquerda, inscrito nun óvalo en relevo. Leva o pelo rizado, dividido en dúas metades coa raia ao medio e recollido na parte posterior da cabeza. Viste un traxe escuro, de escote baixo e manga curta caída, cunha peza e tule bordado sobre posta que cobre os ombreiros e con escote en pico adornado cunha cinta negra. No pescozo leva unha cinta de veludo da que pendura unha cruz negra