Varela Nogueira, Jesús, 1866-1913, Fotógrafo . (Santiago de Compostela )
Retrato dun neno de corpo enteiro vestido de mariñeiro de cor escura. Leva sombreiro, blusa co característico colo mariñeiro, pantalón curto, medias e botas altas. Leva un brazo apoiado nunha cadeira tapizada e adornada con logos flocos, tanto no respaldo como no asento. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha escalinata flanqueada por dous floreiros en forma de copa con plantas e vexetación ao fondo.
Retrato dun home de pé de corpo enteiro, vestido con levita e pantalón longo. Leva o pelo moi curto e sen barba nin bigote. Apoia a súa man esquerda no respaldo dunha cadeira tapizada. Detrás, un pano de fondo cun xardín con arquitecturas clásicas.