Registros encontrados: 6 Total Páginas: 1
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
1890 / 1900 1890
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 86 x 58 mm. sobre cartón de 105 x 65 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida de negro ao estilo da belle epoque. Leva o pelo recollido na parte posterior da cabeza. O corpo do traxe é axustado, con mangas mixtas, moi voluminosas no brazo e axustada no antebrazo. Leva as mans agarradas á altura da cintura, co seu brazo dereito apoiado nunha especie de cómoda neogótica cun espello na parte superior. Detrás, un pano de fondo cunha parede cun zócalo panelado.

FLL/Foto-19//10
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
1890 / 1900 1890
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 85 x 53 mm. sobre cartón de 102 x 61 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida de escuro ao estilo da belle epoque. Leva o pelo recollido nun moño na parte superior da cabeza. O corpo do traxe é axustado, adornado con satén no colo, na abertura e nos puños; a faldra vai adornada no dianteiros cunha peza de damasco. Leva as mans agarradas á altura da cintura, co seu brazo dereito apoiado nunha especie de cómoda neogótica cun espello na parte superior. Detrás, un pano de fondo cunha parede cun zócalo panelado.

FLL/Foto-19//11
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Chicharro Bisi, Manuel, 1849-1924, Fotógrafo . (Santiago de Compostela)
1890 / 1900 1890
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 84 x 52 mm. sobre cartón de 102 x 61 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha muller vestida de escuro ao estilo da belle epoque. Leva o pelo recollido nun moño na parte superior da cabeza. O corpo do traxe é axustado e de colo alto; a faldra vai adornada cun bordado de aplicación negro na parte baixa e nun lateral. Leva as mans agarradas á altura da cintura, co seu brazo dereito apoiado nunha especie de cómoda neogótica cun espello na parte superior. Detrás, un pano de fondo cunha parede cun zócalo panelado e unha columna.

FLL/Foto-19//12
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Photographia Moderna, Fotógrafos (Porto) Cyrne, Leopoldo
1890 / 1900 1890
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 93 x 62 mm. sobre cartón de 104 x 64 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dun home de pelo curto e bigote. Viste un longo gabán sobre un chaleco e unha camisa branca con gravata de lazo e leva pantalón longo de cor negra. O seu brazo dereito vai domeado, agarrando o borde do gabán á altura da cintura; o esquerdo vai apoiado nunha cadeira con respaldo ao aire cun motivo vexetal tallado e calado no centro. Detrás, un pano de fondo que debuxa unha parede con zócalo panelado.

FLL/Foto-19//13
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

La Ambulancia, Fotógrafos (A Coruña) Alonso, Antonio
1890, ca.
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 76 x 51 mm. sobre cartón de 104 x 63 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Busto feminino dunha muller co pelo recollido na parte alta da cabeza, cunha peita rematando o peiteado. Viste un traxe de cor clara e leva sobre os ombros unha especie de estola negra con flocos.

FLL/Foto-19//02
Ver nivel superior

ARQUIVO MUSEO DO POBO GALEGO
01 - ARQUIVOS PERSOAIS E FAMILIARES
01.32 - Familia Lojo Lestón
01.32.01 - Fotografías

Reguera, Manuel, Fotógrafo . (Vilagarcía)
1890, ca.
1 fotografía(s) carte-de-visite Positivo en branco e negro 87 x 54 mm. sobre cartón de 105 x 62 mm.

En: 01.32.01 - Fotografías

Retrato de corpo enteiro dunha muller de perfil á esquerda coa cara volta cara á fronte. Leva o cabelo partido en dúas metades por unha raia ao medio e recollido nunha longa trenza que lle chega ate a cintura. Viste un traxe escuro de dúas pezas, co corpo axustado cos puños de veludo negro e unha saia con voo adornada no terzo inferior cun rodo de veludo negro e un volante con táboas adornadas alternativamente con veludo negro. No pescozo e nas mangas sobresaen un colo e uns puños brancos. Leva ambas mans apoiadas no alto respaldo dunha cadeira torneada e tallada de estilo alfonsino co asento e o respaldo tapizados en cor clara. A esquerda, unha cortina que oculta en parte o respaldo da cadeira.

FLL/Foto-19//03
Página: 1/1