Vista xeral dunha sala de exhibición. En primeiro plano un grupo escultórico de mármore con tres figuras, unha parella cun neno nos brazos. En segundo plano, outra escultura, e ao fondo varios cadros.
Vista xeral dunha escultura de mármore, de pé e de corpo enteiro, sobre unha alta peaña. Representación da figura de David espido, coa perna esquerda flexionada e o brazo esquerdo dobrado, suxeitando a fonda que apoia no ombro.
Vista xeral dunha escultura de mármore, de pé e de corpo enteiro, sobre peaña. Representación dun home togado, cun brazo cruzado na espalda e outro sobre o peito.
Vista detalle dunha pintura de inspiración romántica con formato circular. Representación dunha muller sedente, cun bebé nos brazos e un raparigo descalzo entre as pernas.
Vista detalle dunha pintura, representación da milagre dos pans e peixes. No centro, Xesús de pé coas mans en actitude de bendición, e tres homes de seonllos con pans e os peixes.
Vista detalle dunha pintura, representación dunha muller con pano sobre a cabeza, portando un neno espido nos brazos. Á esquerda, un berce de vimbio.
Vista detalle dunha pintura con fondo vexetal. No centro figura de muller sedente coa man dereita na cabeza mirando cara a ceo e cun pano entre as mans. Á dereita, un anxo portando un recipiente oval; á esquerda, outro anxo cun libro.
Vista detalle dunha pintura con fondo neutro. En primeiro plano e en composición triangular, San Xosé con caxato, a Virxe María con manto sobre a cabeza, acolle nos brazos ao neno Xesús con cruz entre os brazos e coroa de santiadade.
Vista detalle dunha pintura inspiración renacentista de formato oval. Sobre fondo escuro, aparece recortado un busto feminino de perfil, leva os cabelos recollidos cara a tras, sobre a cabeza unha tiara e coroa de santiadade.
Vista detalle dunhas ventás xeminadas con arco apuntado.