Vista xeral do edificio monacal coa visión da fachada e da torre. En primerio plano, as figuras de cinco mulleres, unha delas sentada e mirando ao espectador.
Vista xeral do refectorio monacal, coa visión da escalinata con arcada de acceso ao púlpito. Nun dos chanzos, a figura dun home con traxe escuro e bombín.
Vista xeral da sala capitular do mosteiro, coa visión da porta de acceso con arquivoltas apuntadas e ventás xeminadas con óculo.
Vista detalle dunha talla da Virxe co Neno. A figura feminina, está inclinada, en actitude de mirar ao neno que leva no seu brazo esquerdo; viste veo ondeado enmarcando o rostro, longo manto con pregamentos, porta coroa e leva unha flor na súa man dereita. O Neno, de cabelos rizados pegados, leva na súa man esquerda a bola do mundo