Ver nivel superior
Rafael G. escribe a Amando Castroviejo sobre a actitude de Rivera, un empregado da oficiña de Correos que está provocando denuncias pola súa actitude e trato cos clientes.
Ver nivel superior
Pedro Sangro, da Sociedade para o Progreso da Lexislación Social, informa a Amando Castroviejo da súa constitución e filiación coa Asociación Española para o Progreso das Ciencias, e invítao a participar cun traballo no Congreso do Progreso das Ciencias que se está a celebrar en Coimbra.
Ver nivel superior
Ignacio Castroviejo escribe ao seu irmán Amando sobre o tempo en Lima, unhas misas e a familia.
Ver nivel superior
Nota da Librairie Jacques Lechevalier a Amando Castroviejo sobre a súa conta e outros libros do seu interese.
Ver nivel superior
Benjamín González Fidalgo, alcalde de Lalín, felicita a Amando Castroviejo polo éxito das conferencias que está dando e tamén pola súa designación para o cargo de diputado, malia que logo renunciara.
Ver nivel superior
Adolfo Bonilla y San Martín agradece a Amando Castroviejo os parabéns polo seu casamento e avisa que sae nuns días para A Habana, e comenta que na entrada `España` da Espasa el escribíu a parte de Historia da Filosofía. Adxunta a comunicación do Directorio Militar en sentido negativo referente á instancia do xardinero da Universidade de Santiago.
Ver nivel superior
Ramón Castroviejo escribe ao seu irmán Amando para felicitalo polas conferencias que está dando, plantexar a posibilidade de facer o mesmo en Logroño, agradecer un libro de poemas de Simeón Blanco-Cicerón e comentar o feito de que Amando non aceptara ir de Diputado.
Ver nivel superior
Adolfo Llovo escribe a Amando Castroviejo para confirmar hora e día para unha conferencia no Círculo Artístico Mercantil de Vilagarcía.
Ver nivel superior
Adolfo Bonilla y San Martín agradece a Amando Castroviejo a súa adhesión a unha homenaxe que lle están preparando, comenta a recomendación dunha xoven e acusa recibo duns boletíns da Real Academia Galega, entre outros asuntos.
Ver nivel superior
Pascual Galindo Romero escribe a Amando Castroviejo para comentar a recaudación de cartos para a Biblioteca do Arcebispo e pedirlle que entregue unhas cartas a dúas persoas, Bustamante e Filgueira, que foi alumno de Castroviejo.
Ver nivel superior
Un antigo alumno [R. Rivera?] de Amando Castroviejo escríbelle sobre uns libros que este lle encargara na súa viaxe a Italia. Adxunta a factura da librería en Roma.