Contas de José Bargiela co establecemento `Viuda e Hijos de Simeón García` por uns xéneros.
Carta de José Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón para despedirse da familia por ir a vivir a Jaca coa súa filla Candelaria. Menciona tamén que Tomás, seu fillo, se encargará de liquidar e solucionar os asuntos económicos que lle quedan pendentes.
Carta de José Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón para ultimar xestións antes da partida sobre os xéneros pendentes, o que está a facer Tomás, asuntos que quedan en Tui e agradecementos polo que está a facer o seu sobriño para que o seu xenro quede ben colocado e preto de Galicia. Tamén escribe a súa filla Casilda para despedirse de toda a familia.
Carta de José Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón a súa inmediata partida.
Carta de José Bargiela a Ricardo Blanco-Cicerón comunicando que xa están en Jaca co resto da familia.
José Bargiela conta a Ricardo Blanco-Cicerón canto bota de menos a súa terra e a súa familia.