Ángel Sáenz Díez recomenda un obreiro, que lle chega de parte do mestre Antonio González Romero, a Ricardo Blanco-Cicerón para unhas obras na azotea da Casa da Senra.
Ángel Sáenz Díez concreta as condicións laborais do obreiro que irá a facer unha obra na Casa da Senra de Ricardo Blanco-Cicerón .
Escolástica Cousiño Cal agradece a Ricardo Blanco-Cicerón o pésame recibido trala defunción do seu irmán Valentín Cousiño Cal.
Pío Abundancia solicita a Ricardo Blanco-Cicerón retirar un diñeiro que ten no seu poder para facer frente a uns gastos familiares. Comenta as boas expectativas laborais do seu irmán Verísimo como procurador, seguindo os pasos do pai como apoderado, e recórdalle que poden contar cos servizos deste tanto él como a sociedade de `Hijos de Simeón`.
Pío Abundancia escribe a Ricardo Blanco-Cicerón sobre as opcións que teñen para cobrar os cartos e os intereses que lles xestionara Ricardo Blanco-Cicerón.
Unha sociedade pide a Ricardo Blanco-Cicerón que faga unha doazón que asegure a continuidade do orfeón da mesma. Asinado por varios responsables, o primeiro ilexible.
José ? comenta a Ricardo Blanco-Cicerón que vai por a venda o nicho no que están os restos do seu irmán Rogelio, xa que pensa levalos a Tui.
Pío Abundancia escribe a Ricardo Blanco-Cicerón acusando recibo dos pagos e dando por saldadas as súas contas e a da súa tía falecida, Romana Álvarez Gil.
Xuventude Antoniana de Santiago agradece a Ricardo Blanco-Cicerón a súa cooperación e llo recoñece cun diploma.