Imaxe de catro homes con indumentaria tradicional con chaleco, calzón curto, polainas e monteira, sentados nunha mesa de taberna.
Imaxe dun capitel pétreo decorado con follas de acanto.
Imaxe dun capitel pétreo decorado con dúas figuras.
Imaxe dun capitel pétreo con cimacio liso e decorado con dúas flores, de catro e oito pétalos.
Imaxe dun capitel pétreo con cimacio liso e decorado con motivos vexetais.
Imaxe dun medallón decorado cun busto feminino, con tocado de inspiración renacentista.
Peza de marfil con representación de Virxe con mazá e o Neno sobre os xeonllos, coroada por dous anxos. En cada unha das portas, dúas figuras. Na esquerda, un monxe e un home con espada e libro. Na dereita, un mitrado e o apóstolo San Pedro coa chave.
Imaxe de escalinata de dúas ramplas con balaústre e decoración de bolas. Lenda no lateral dereito: `Tomás Blanco C`
Imaxe co anverso e reverso dunha cruz procesional con macolla ovoide e cos brazos redondos e decorados con motivos vexetais. No anverso, figura de Crucificado entre un sol e unha lúa, nos extremos dos brazos, animais fantásticos. No reverso unha figura entre árbores.
Imaxe de cruz de peitoral cos brazos decorados con pedras preciosas de formato cadrado e os remates trilobulados, ten cadea de elos en forma de H.