Interior dunha sala, con dúas librarías pegadas á parede e dúas esculturas sobre altas peañas cúbicas, ademais de varios cadros.
Vista dunha vitrina exenta con documentos manuscritos.
Interior dunha sala con varios cadros colgados da parede e diversas pezas pétreas, moitas, con textos epigráficos.
Interior dunha sala cunha vitrina de parede, con mitras, cálices, cruces, manípulos entre outros. Na outra parede, esculturas en madeira, tres de imaxes da virxe.
Interior dunha sala con varios capiteis sobre un banco de madeira.
Vista dunha vitrina exenta, con obxectos arqueolóxicos, cerámicos, líticos e de metal.
Interior dunha sala con mostrarios de moedas e medallas colgados da parede, ademais de dous cadros e dúas gaitas. No centro un moble con caixóns sobre unha mesa de patas torneadas.
Interior dunha sala cunha porta con arco, cobixando unha escultura feminina romana sobre peaña de madeira. Nas paredes varios cadros colgados e pezas pétreas epigráficas.
Vista dunha vitrina exenta con diversos obxectos: lucernas, peites, pezas cerámicas e obxectos líticos.
Interior dunha sala con varios muíños de pedra sobre un arca de madeira, e diversos obxectos dispostos en catro baldas colgadas da parede.
Interior dunha sala con pezas epigráficas, destacando unha tampa con forma de tellado, sobre unha arca de madeira, ademais de varios azulexos colgados da parede.
Vista xeral do mosteiro de Carboeiro; en primeiro plano unhas árbores e unha leira. No centro, unha zona de viñas.
Vista xeral do interior da ábsida do mosteiro de Carboeiro.
Vista xeral do interior sen cuberta, da nave principal do mosteiro de Carboeiro, co rosetón ao fondo.
Vista detalle do interior do mosteiro de Carboeiro, unha ábsida nervada sobre columnas de capiteis vexetais.