En formato vertical, retrato masculino de 3/4 e frontal. O home leva perruca, traxe escuro con gola no colo e colar co Toisón douro sobre o peito; leva na man esquerda unha espada.
En formato vertical, retrato masculino de busto e case frontal O home leva hábito escuro, coa man esquerda en actitude de bendecir. Cabelos curtos, perilla con bigote e mirada ao ceo.
En formato vertical, vista xeral da Casa da Senra, 3 de Santiago de Compostela, antiga vivenda da familia Blanco-Cicerón. Edificación de planta baixa, con tres portas de acceso e dúas ventás. No dous primeiros andares con galerías e balcóns, no último ventás con remate semicircular e frontóns tamén semicirculares con decoración de palmetas.