Vista da portada lateral da igrexa románica. Porta con arquivolta abocinada sobre columnas con fustes trenzados e helicoidais, amais dun lintel figurado.
Vista xeral dunha torre cuadrangular ameada cun dos muros derruído.
Vista xeral dunha torre cuadrangular sen ameas.
Vista detalle dunha custodia de madeira con pé de motivos vexetais e tres niveis. No primeiro, catro figuras de santos; no segundo, o expositor da sagrada forma; no último, figura de santo ou rei.
Vista detalle dun Crucificado con tres cravos, pano de pureza atado e coroa en forma de prato. A cruz vai sobre unha peaña semicircular cunha caveira. A modo de fondo, leva un pano brocado con lenda bordada.
Vista da portada dunha igrexa románica, composta por un pórtico con arco de medio punto e tres arquivoltas abocinadas apoiadas en columnas, algunhas de fuste helicoidal, con capiteis historiados.
Vista da ábsida dunha igrexa románica, de estrutura poligonal, vai decorada por dous arquiños apoiados en anchas pilastras, nas que vai pegada unha semicolumna con capitel que sustenta a cornixa. Destacan os canzorros historiados.
Vista detalle dun retablo de inspiración flamenca decorado con pinturas. O banco ten cinco arquiños que cobixan cinco escenas relixiosas. No corpo principal, figura de bispo mitrado, flanqueado por dúas escenas en cada unha das rúas laterais. No ático, escenas da vida de Xesús, no centro, destaca a Crucifixión.
Vista xeral dun castelo, presenta estrutura de recinto en torno a un patio con sete torres de planta rectangular rematadas en ameas, unha en cada esquinas. As torres son diferentes entre sí.
Vista lateral dunha igrexa románica. Portada con arquivoltas abocinadas lisas, grosos contrafortes, torre campanario e ábsida semicircular.
Vista xeral dos restos dun castelo, planta rectangular con dous arcos apuntados e unha alta torre poligonal de catro corpos
Vista xeral dos restos dunha igrexa románica. Interior da nave, só conserva o muro de peche con columnas pegadas a pilastras, e o arranque da cuberta. Ao fondo, as figuras de dous homes.
Imaxe de tres tumbas antropomorfas excavadas no chan do adro dunha igrexa. Ao fondo vista do pobo.
A peza consta de zócalo, corpo ensamblado por columnas abalaustradas, e remate con frontón curvo cos extremos enrolados e coronado por unha crestería. No corpo, fornela con arco de medio punto para cobixar a figura do Ecce Homo.
Vista xeral da portada dunha igrexa románica cunha porta con arquivoltas lisas e tímpano historiado con imaxe do martirio dun santo arrastrado por un cabalo.