O remitente adxunta á carta unha instancia que Ricardo Blanco-Cicerón debe cubrir
O remitente agradece o envío duns debuxos e agarda recibir máis para completar un estudo sobre un dolmen que dubida se pode estar en Borneiro
O remitente escribe acerca do que non é o `chamberito`, sen definir o que si é
O remitente, membro da Real Academia Gallega, pregunta a Ricardo se no Boletín da Sociedade Arqueolóxica pode publicar algún texto sobre a fidalguía galega.
O remitente, dende a Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense, comunícalle a decisión, para que a represente na homenaxe póstuma a Antonio López Ferreiro que se vai celebrar no Ateneo León XIII de Santiago de Compostela. Asinado por Marcelo Macías, Benito F. Alonso e Eugenio Marquina
O remitente comenta a Ricardo sobre o prezo dun reloxo en 400 pesetas que quere adquirir o destinatario.