En formato horizontal, retrato grupal masculino de pé, corpo enteiro e frontal. Sete homes con traxe de baño enteiro e gorros de baño.
En formato vertical, retrato grupal nunha praia, coas figuras en dous niveis. Sedentes cinco mulleres con roupa curta; de pé, unha muller con traxe de baño de dúas pezas e cinco homes, tres deles con gorro de baño branco e un con albornoz. Ao fondo unhas árbores.
En formato horizontal, retrato grupal masculino en dous niveis. Seis homes sentados e oito de pé, todos con traxe de baño.
En formato horizontal, retrato grupal masculino de pé, corpo enteiro e frontal. Cinco homes con traxe de baño dunha peza. No centro Darío Acuña co trofeo. Ao fondo un peirao.