En formato vertical, retrato masculino de busto e de perfil. Leva cazadora con colo de pelo, unha estrela dourada bordada no peito, emblema do exército do aire e o pin do `Grupo de Morato`, amais de xersei de colo alto. Leva cabelos ondulados e bigote.
En formato vertical, retrato masculino, de corpo enteiro, frontal e de pé. Darío Acuña vestido como aviador, cazadora, gorro e cinto, diante do seu avión de combate.
En formato vertical, fotografía de avión de caza da guerra civil española, coa hélice en primeiro plano.
En formato vertical, retrato grupal masculino de corpo enteiro e frontal. Tres homes de pé, dous con idumentaria militar, boina con borla e con bastón; á dereita outro home tamén de pé pero vestido de civil con chaqueta de cadros.
En formato horizontal, retrato grupal masculino de corpo enteiro, de pé e frontal. Cinco homes con traxe escuro, e con gravata, rodeados de pombas brancas. Na dereita, con cabelos ondulados e bigote, Darío Acuña Lagos.