Vista xeral dun palco con público asistente a un espectáculo. No palco, baixo un toldo, están sentadas as mulleres con grandes sombreiros; na parte baixa, os homes sentados ante varias mesas redondas, a maioría dos homes levan sombreiro canotier. En primer plano, un home con visera negra que semella ser un uxier.
No anverso retrato de grupo de varias mulleres, homes e nenos nun palco de banco corrido.
A imaxe do anverso representa a Filomena Dato diante da tumba de Rosalía de Castro no Panteón de Galegos Ilustres da Igrexa de Bonaval; na parte inferior, un texto impreso. O reverso leva impresa unha poesía de Filomena Dato dedicada a Rosalía, con data.
Vista detalle dun palco onde se sitúa o público asistente a un espectáculo. No palco destacan as mulleres con sombreiros. Ao pé do palco e sentados, varios homes con canotiers e un neno vestido de mariñeiro.