O remitente informa do comezo dos traballos de inventario e fotografado das pezas da zona Tambre-Ulla e Santiago-Mar susceptibles de enviar á Exposición Regional Gallega de 1909. É un borrador
O remitente, informa da recepción de catro comunicacións remitidas polo destinatario e das follas de inscrición dos comisionados de Lugo (Pantón). Tamén comunica sobre as garantias dos materiais e expositores para a Exposición Regional Gallega de 1909. É borrador
O remitente, pola caligrafía semella Eladio Oviedo Arce, informa da próxima publicación da circular da Comisión no Boletín do arcebispo de Santiago, ordenando aos curas párrocos a colaboración para o maior éxito da Exposición Regional Gallega de 1909, que amplíe o ámbito da comarca entre os ríos Eume e Tambre, desde Pontedeume ata Fisterra e que fotografíe e catalogue todos os monumentos.